Venres. 26.04.2024
El tiempo

A Previa: derbi do morbo en Baio

A Previa: derbi do morbo en Baio
A atención da fin de semana estará posta nese derbi en Baio entre o conxunto local e o Soneira, coa figura de Alex Figueiras no fondo do asunto. Desexamos que as cousas non se desmadren e que reine a tranquilidade e poidamos ver un gran encontro entre dous magníficos equipos. O Baio está en boa forma, sobre todo na casa, aínda que ven dunha dura derrota en Padrón, e o Soneira acaba de perder a Jairo, pero coa incorporación de Pose é un conxunto máis que competitivo a pesar das baixas. Na Liga da Costa outro partidazo en Vimianzo, entre un Baíñas que tenta ser candidato e un Mazaricos todopoderoso, que seguramente anuncie incorporacións pronto que aínda reforzarán máis un tremendo plantel ás ordes de Amoedo. Mazaricos 18-19 Na Preferente Norte, partidos transcendentais para os nosos representantes, pois viaxan a campos de rivais directos. O Sofán xogará en Negreira ante o equipo de Cabrejo, Richi e Vía Rápida, e o Xallas xogará ante un histórico en horas baixas, o Ordenes. Na 1ª Galicia hai moita chicha. O derbi do morbo, ese Baio - Soneira, centra boa parte da atención da fin de semana, pero non se quedan atrás os outros encontros. A Esteirana afronta unha final ante o Bastavales, un equipo que ten só a 4 puntos. O Dumbría xoga co Cordeiro no Conco, ó que pode superar se vence e engancharse á zona media - alta. E ese Fisterra rutilante viaxa a Ponte Ulla para enfrontar ó perigoso Val do Ulla e tentar seguir nesa terceira plaza, cerca de Flavia e Sigüeiro, que se enfrontan entre sí. Na Liga da Costa, partidazos, coma sempre. O líder indiscutido ata agora, o Mazaricos, viaxa a xogar o derbi co Baíñas, un partido de máxima atención e rivalidade que pode marcar tendencias na liga. Está ó acecho o Corme, que recibe o Ameixenda, o Ponteceso que recibe ó renacido Lira e o Muxía que recibe ó irregular Zas. En Louro, outro derbi, o Monte Louro - Volantes, coa nova esta semana das fichaxes do Volantes: Jano, Berto e Alex Pri, que van a dar ó equipo de Sil un salto de calidade importante. A poucos kilómetros, en Muros, o equipo local recibe ó Cerqueda buscando saír dos postos baixos. O Cee fai o mesmo co Malpica nun encontro de históricos vidos a menos e o Buño e San Lorenzo xogan un clásico encontro da zona norte da liga, con puntos de tranquilidade en xogo e a presenza de Tito Pedreira por vez primeira no banco de Xaviña. Na 3ª Galicia o Coristanco viaxa a Camariñas para manter o liderato. O Castriz descansa e o Cabana vai a Corcubión a tentar recuperar os puntos que perdeu co Seaia a semana pasada. O Porteño recibe ó Laxe na Grixa e o Outes ó Nantón, ambos buscando engancharse á parte alta. Castrelo e Camelle xogan un interesante encontro o sábado en Vimianzo e Seaia e As Baleas buscan puntos que os fagan saír da zona baixa. Os nosos representantes no fútbol feminino xogan de locais, o Bergantiños ante o Carral, e As Miudas, que van lanzadas, ó Concello de Boiro, buscando acercarse ó liderato.

Comentarios