Venres. 26.04.2024
El tiempo

A segunda xuventude de Jose Soneira alza ao Cabo Touriñán

A segunda xuventude de Jose Soneira alza ao Cabo Touriñán
Jose Soneira primeiro pola dereita do Club Cabo Tourinan O corcubionés Jose Soneira, primeiro pola dereita, non perdeu partida no que vai de temporada

Nova vitoria do Club Xadrez Cabo Touriñán, que tras 6 roldas s sitúase 2º na táboa clasificatoria do 2ª División, Grupo C. Os muxiáns e corcubioneses venceron ao Super Secuaces, cos que chegaron empatados, e dan un importante salto na clasificación,

Cómpre destacar a nova actuación de José Soneira que segue intratable (é o único xogador da liga que gañou todalas partidas) e parece que está a vivir unha segunda xuventude xa que estivo inactivo seis anos, dende a tempada 2010 onde militou no SuaAgra de Baio xunto con Jorge Mira, Pablo Mira, Ramón Franco e Jorge Soneira.

2ª División, Grupo C, xornada 6

  • Resultado: Cabo Touriñán - Supersecueces do Gallaecia (3,5 - 0,5)
    - José Soneira - Javier Rozas 1-0.
    - Ramón Franco - Adrián González 1/2-1/2.
    - Tomás Lago - Eutiquio Barreales 1-0.
    - José Sar - Xesús López 1-0
Partidas do Cabo Tourinan cos SuperSecuaces Gallaecia Partidas do Cabo Touriñán cos SuperSecuaces Gallaecia

A nova vitoria de Soneira inclinouse ó seu favor cando conseguiu peza por dous peóns, e chegou a un final que gañou con boa técnica.

No segundo Taboleiro, Ramón Franco que levaba as pezas negras conseguiu igualala posición e tras cambiar Damas e Torres chegouse a un final igualado e firmaronse as táboas na xogada 34.

No Terceiro taboleiro, Tomás Lago conseguiu ventaxa de tres peóns e unha mellor posición que o seu rival que decidiu abandonar na xogada 16.

No cuarto taboleiro, José Sar conseguiu ventaxa de calidade (Torre por Cabalo) e pouco a pouco foi incrementando a ventaxa ata gañala partida.

Vindeira xornada

A próxima rolda será o 18 de marzo e os costeiros desprázanse a Santiago para xogar contra o Algalia, que é 7º con 12 ptos.

 

Máis información

Para os máis interesados, as partidas pódense reproducir en xadrezcabotourinan.blogspot.com.es.

Fonte

Comentarios