Xoves. 18.04.2024
El tiempo

A Vía Mariana traerá en primavera os primeiros peregrinos

A Vía Mariana traerá en primavera os primeiros peregrinos
Flecha de sinalizacion da Via Mariana Flecha de sinalización da Via Mariana

Unha vez que xa teñen practicamente lista a sinalización dos camiños, a Asociación Vía Mariana Luso- Galaica mantiña esta fin de semana unha Asemblea Extraordinaria en Padrón. Cita á que acodiron o alcalde de Vimianzo, así como representantes de Zas e Muxía.

Na Asemblea presentáronse os preto de 370 km. do trazado definitivo desta ruta de peregrinación entre santuarios de devoción mariana desde a Nossa Senhora do Sameiro, en Braga, Portugal, pasando pola Peneda (Portugal), A Franqueria , os Milagres de Amil, Santa María de Aguas Santas…ata chegar á Nosa Señora da Barca en Muxía.

Entre os puntos máis destacados estivo a posta en marcha definitiva do proxecto, que quedou fixada para o mes de febreiro, polo que esperan que os primeiros peregrinos vaian chegando a Muxía por primavera.

A Asemblea serviu para escoller nova xunta directiva, sendo Presidenta Mª José Silva, vicepresidente José Manuel Castillo, secretario Miguel Gómez, tesoureiro César Estévez, e os vocais Luís Martínez, José de la Riera, Henrique Malheiro e Pepe Formoso.

Ademais, presentouse a credencial oficial que identificará aos peregrinos da Vía Mariana e a “certificación mariana” que acredite ter feito a peregrinación.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/rematan-o-trazado-definitivo-da-via-mariana-a-ruta-que-une-santuarios-marianos-dende-braga-a-muxia/

Comentarios