Imprimir

ADECOM pon a debate o futuro do eucalipto na Costa da Morte

Redacción | 28 de xullo de 2020

A Asociación en Defensa da Costa da Morte (Adecom) está a prepara unha mesa de debate sobre o presente e o futuro forestal da nosa comarca, que contraporá o actual modelo baseado no monocultivo de eucalipto con posibles alternativas que supoñan máis biodiversidade e maior retorno para as comunidades locais. 

Dende á asociación convidan a participar a todo aquel que o desexe. A mesa celebrarase o vindeiro sábado 8 de agosto ás 20:00 horas na Capela do Pilar de Corcubión. A pesares de que a asistencia ao evento é pública, libre e gratuíta, co fin de controlar o aforo e garantir as medidas de seguridade, é preciso inscribirse no seguinte enlace. Ademais, para asistir é obrigatorio o uso de máscara.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/corcubion/adecom-pon-futuro-do-eucalipto-costa-da-morte-punto-mira/20200728082007120897.html


© 2020 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA

Banner xunta axudas copia