Imprimir

Adro prepara unha noite de Samaín de acampada especial

que pasa na costa | 17 de outubro de 2019

A Asociación Cultural Adro celebrará este ano o Samaín dun xeito moi especial. O sábado 2 de novembro realizarán unha velada con acampada incluída no pavillón deportivo de Baio. Esta é unha actividade dirixida a nenos e nenas de entre 6 e 13 anos. 

Para participar será necesario levar un saco de durmir, esterilla e almofada; roupa cómoda, lanternas e taza e culler para o almorzo. Os móbiles e outros aparellos electrónicos deberán quedar na casa!.

Os/as interesados/as en participar poden anotarse ata o 26 de outubro a través do número de teléfono 645 86 70 46 e ten un custo de 2€ para socios/as e 5€ para non socios/As. 

 

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/zas/adro-prepara-noite-samain/20191017121511114067.html


© 2020 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA

Banner xunta axudas copia