Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Aloumiños ofrece un curso online de Comunicación Aumentativa

COMUNICACIÓN AUMENTATIVA Y ALTERNATIVA febreiro Alouminos
Aloumiños ofrece un curso online de Comunicación Aumentativa

A pandemia non para as accións formativas da Asociación Aloumiños. A entidade carballesa adáptase ás circunstancias e ofrece un novo curso online, neste caso de "Comunicación aumentativa e alternativa con alta tecnoloxía" con Tatiana Suárez, logopeda experta en Sistemas Aumentativos e Alternativos da Comunicación.

Un curso pensado para docentes e terapeutas, e mesmo a estudiantes, que traten con nen@s na súa vida laboral.

A formación realizarase o sabado 6 de febreiro en horario de 10:00 A 13:00 e 15:30 a 18:30, en modalidade online (vía ZOOM).

O custe é de 60€ (45 para estudantes e 35 para soci@s), e podedes inscribirvos neste formulario online , onde tendes toda a información.

Comentarios