Imprimir

Ángel Carracedo pecha o Programa de Educación Familiar na Diversidade de Aloumiño

Redacción | 23 de febreiro de 2021

Carracedo dando unha conferencia en Cee
s

Remata o curso no Programa de Educación Familiar que artella Aloumiños. Un programa que reflexionou sobre a educación na diversidade, con diferentes videoconferencias, e que bota o peche, coa oitava cita. Será o coñecidísimo Ángel Carracedo o encargado de ofrecer unha charla sobre Enfermidades raras o venres 26 de febreiro as 20:30h.

O de Santa Comba é catedrático de Medicina Legal da Universidade de Santiago, Director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica e membro do Comité do CIBER de Enfermidades Raras. Ten publicados 8 libros e máis de 800 artigos en revistas internacionais. As súas principais liñas de investigación inclúen a xenética do cancro e das enfermidades psiquiátricas en idade infantil, as enfermidades raras e a farmacoxenómica.

Podes inscribirte xa neste formulario online.

Novas relacionadas

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/santa-comba/angel-carracedo-pecha-programa-educacion-familiar-diversidade-aloumino/20210223101756125182.html


© 2021 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA

Banner xunta axudas copia