Venres. 19.04.2024
El tiempo

Aparece outro corpo sen vida no peirao de Brens

Aparece outro corpo sen vida no peirao de Brens
Corpo aparece no porto de Brens Imaxe do dispositivo no porto de Brens- Fotos -
Jenny Allo Sillero Esta mañá de luns 4 de decembro aparecía un corpo no porto de Brens. Recordando unha escena case que habitual, uns veciños alertaban ao 112 e á Protección Civil da presencia do corpo, que era rápidamente recuperado pola lancha de Protección Civil e levado á embarcación de Salvamento, para evitar xerar máis expectación da que xa había no porto ceés. Segundo fontes cercanas ao suceso, trátase dun home de máis de 70 anos, natural de Camiños Chans.

Non é a primeira vez

Moitos dos que se achegaron á zona lembraron episodios semellantes a este, e lamentan que non haia medidas de seguridade no porto de Coviles. Moitos lembran un episodio en novembro de 2010, o corcubionés finado o pasado 2014 ou do rapaz de Lires de 2015. Por iso, as voces alarman da necesidade de colocar uns pivotes no peirao de Cobiles para evitar estes sucesos, aínda que neste caso parece que non tería sido suficiente para evitalo.  

Novas relacionadas

Máis novas

Máis novas

Fonte

Comentarios