Imprimir

O Carballo por etapas, con 17.000 tapas servidas, demostra o éxito da unión hostaleira en clave gastronómica

que pasa na costa | 05 de xuño de 2019

Algunhdas das Tapas do Carballo por eTapas 2019
Algunhdas das Tapas do Carballo por eTapas 2019

Non cabe dúbida que as rutas de tapas son sempre un éxito garantizado na Costa da Morte. Compróbano ducias de concellos, asociacións empresariais… da comarca. A unión en clave gastronómica dos locais de hostalería dun concello parece un perfecto xeito de aproveitar fins de semana que se presentan sen outras alternativas claras de ocio, para desestacionalizar o turismo, e facer ademais así promoción da calidade culinaria dos nosos establecimentos.

Por iso tamén é interesante repasar as cifras dunha iniciativa como o Carballo por etapas 2019. A ruta gastronómica que enche a terrazas (sobre todo o domingo 26, que coincidiu ca feira) dos 17 bares carballeses que participaron, repartiu nada menos que 17.000 tapas (500 máis que o ano anterior) durante as dúas fins de semana. Os sorteos espallaron arredor dos 1.900 agasallos, e o tren turístico paseou a 2.200 viaxeiros e viaxeiras.

Os comensais disfrutaron da variedade da oferta das tapas e das elaboracións para esta edición, con propostas como salpicón, arroz, bacallau, ragú, solombo, chipiróns, gambóns, polbo, xamón ibérico, lombo, lacón, zamburiñas e moitos produtos máis.

Cifras que obrigan a facer unha valoración positiva, tanto pola organización municipal como polos bares.

Así, cómpre felicitar aos establecimentos A Barra Bar, A Nova Ferradora, A Nova Tasca, Cafetería Habanos 79, Cervecería Ágora, Cervecería A Tapería, Korner Carballo, Mesón A Cabaña, Mesón As Viandas, Oasis Restaurante-Vinoteca, O’Burato 26 Marisquería, Restaurante A Esmorga, Restaurante Mesón do Pulpo, Restaurante Vinoteca A de Pako, Taberna O Mexillón, Trattoría Pizzeria Vesuvio e Vinoteca Ánfora.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/carballo/carballo-etapas-17000-tapas-servidas-demostra-exito-da-union-hostaleira-clave-gastronomica/20190605102358110304.html


© 2019 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA