Imprimir

Carballo prepara o seu Autocross

Redacción | 27 de abril de 2018

Este sábado 28 de abril, o circuito de Bértoa acolle o 9º Autocross Carballo. A partir das 11:00h comezarán a pelexar polos primeiros postos os 64 inscritos nas categorías -1.600 cc, +1.600 cc, carcross e mesmo 4x4, no que participarán só 4 vehículos. A proba volverá ter un carácter solidario, tamén este ano a beneficio de Cruz Vermella, que instalará no circuíto unha caseta onde recollera doazóns de produtos de primeira necesidade destinados ás familias con menos recursos. Ás 12.00 horas comezarán os adestramentos libres; ás 13.15, os adestramentos oficiais; ás 15.30, as semifinais ás 17.15, as finais B; e ás 18.20, as finais.     https://quepasanacosta.gal/emotividad-e-competicion-no-autocross-de-arteixo/
Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/deportes/carballo-prepara-o-seu-autocross/20180427015624087815.html


© 2020 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA

Banner xunta axudas copia