Venres. 26.04.2024
El tiempo

Carballo, un “referente” de transformación urbana para cidades intermedias

Carballo, un “referente” de transformación urbana para cidades intermedias
Ana Montalban da Rede Ciudades que Caminan en Carballo con Milagros Lantes Ana Montalban da Rede Ciudades que Caminan en Carballo con Milagros Lantes

A asociación internacional sin ánimo de lucro, Rede de Ciudades que caminan estivo esta pasada fin de semana en Carballo. E as conclusións en clave de mobilidade non poden ser mellores. Carballo é “un referente de transformación urbana para as cidades de tamaño medio por todo o traballo que se vén desenvolvendo nos últimos anos”, aseguraba a coordinadora técnica da Rede, Ana Montalbán.

Montalbán non podía deixar de visitar a vila na súa xira por Galicia, despois do premio que recibiu a vila o pasado outubro en Badaxoz, na categoría de cidades intermedias, de 20.000 a 100.000 habitantes.

Destacou accións concretas como “os camiños escolares ou a mellora da accesibilidade urbana”, pero sobre todo “a integración dos equipamentos”, como a zona da Biblioteca Rego da Balsa, que, xunto coa nova skate-praza, “contribúe a dotar de identidade a todo ese ámbito, un pouco máis alonxado do centro. O que máis me gusta é que o que é un eslogan, facer de Carballo un bo lugar para vivir, despois se materialice”, manifestou.

Skate-Praza Rego da Balsa Carballo Así está, xa case rematada, a Skate-Praza Rego da Balsa de Carballo

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/carballo-recibiu-en-badaxoz-o-premio-ciudad-que-camina-2018/ https://quepasanacosta.gal/algunhas-cifras-da-axenda2030-carballesa/

Comentarios