Imprimir

O CM Carrumeiro amplía o prazo para presentar solicitudes para a explotación do restaurante

Redacción | 07 de outubro de 2019

Interior actual do Restaurante Carrumeiro
Interior actual do Restaurante Carrumeiro

Xa hai 3 solicitudes formalmente presentadas, pero houbo outras 3 ou 4 persoas interesadas en presentar o seu proxecto para o concurso do contrato de explotación dos servizos de hostalería do Restaurante Carrumeiro, situado en pleno peirao de Corcubión.

De aí que directiva do Clube Marítimo Carrumeiro decidise ampliar o prazo presentar as ofertas ata o xoves día 10.

MÁIS INFORMACIÓN

A duración do contrato será de 4 anos (prorrogables por outro ano), e partirá dunha base mínima dunha media mensual de 700€ (+IVE) ao mes.

Os interesados en participar neste Concurso, poderán entregar as súas propostas antes das 20,00 horas do día venres 4 de outubro do 2019 en sobre pechado, no Apartado nº 12 da Oficina de Correos de Corcubión, ou na Oficina de Secretaria do Club, Peirao de Corcubión s/n. Así mesmo, poden recoller máis información e pedir as bases no 639 31 79 70.

Novas relacionadas

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/corcubion/cm-carrumeiro-amplia-prazo-presentar-solicitudes-explotacion-do-restaurante/20191007095212113684.html


© 2020 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA

Banner xunta axudas copia