Imprimir

O Cole de Paisaco traslada as necesidades ao alcalde de cara ao vindeiro curso

que pasa na costa | 23 de xuño de 2020

Este pasado venres, o alcalde, José Manuel López Varela, e a concelleira de Ensino, Patricia Bello, mantiveron unha reunión coa directora do CEIP Alfredo Brañas de Paiosaco, Agripina Alfeirán, para analizar as principais necesidades que presentará o colexio de cara ao inicio do próximo curso escolar.

Unha rolda que continuarán cos dos CEIPs Otero Pedrayo da Laracha e Caión.

Obras

A visita ademais serviu para ver como ían as obras mellora das fachadas dos dous edificios do centro educativo, nas que a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, inviste máis de 23.000 euros na súa impermeabilización cun sistema de illamento térmico para o exterior (SATE). Estas actuacións que están moi avanzadas e que se culminarán posteriormente co pintado exterior. A Xunta tamén procedeu á substitución da porta traseira do edificio principal do colexio.
Ademais, durante verán o Concello acometerá a mellora da cuberta da pasarela que comunica os dous edificios deste centro educativo.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/a-laracha/cole-paisaco-traslada-necesidades-ao-alcalde-cara-ao-vindeiro-curso/20200623084820120152.html


© 2020 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA

Banner xunta axudas copia