Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Comezan as obras de mellora do firme en 5 estradas da comarca

Obras nas estradas da provincia copia
A Xunta comeza coa obras nas estradas sinaladas da comarca
Comezan as obras de mellora do firme en 5 estradas da comarca

As estradas AC-400, AC-432, AC-440, AC-441 e AC-445, ao seu paso polos concellos de Mazaricos, Outes, Muros, Carnota, Zas, Vimianzo, Dumbría, A Baña e Corcubión, están sufrindo xa mesmo novas obras de mellora do firme.

Así informa a Xunta, que contratou á empresa zaseira Ponciano Nieto, cun orzamento de máis de 800.000€ e un prazo de execución duns 4 meses.

En Corcubión, a empresa acomete as as obras de rehabilitación da plataforma da estrada AC-544, no punto quilométrico 2+850, na curva chamada de “Rojo”, altura de Marcos Canosa, onde se teñen detectado fendas na calzada e problemas no terraplén da estrada, que provocaron á súa vez deformacións na barreira.
Unha vez rematados os traballos de acondicionamento do noiro, procederase á rehabilitación do firme afectado polas obras, a reposición da capa da rodadura e ao repintando as marcas viarias afectadas pola intervención.

Nas outras 4 estradas comarcais, os proxectos contemplan a rehabilitación do firme naqueles treitos das estradas que presenten carencias co obxectivo de prolongar a vida útil do pavimento. Os traballos prevén tamén a limpeza e reperfilado de noiros e a drenaxe nos tramos que o precisen.

Comentarios