Venres. 29.03.2024
El tiempo

O Concello de Carballo expedienta aos dous Policía Locais que crearon a XESPOL

Pleno Carballo
Imaxe do pleno carballés de onte
O Concello de Carballo expedienta aos dous Policía Locais que crearon a XESPOL

A ferramenta de xestión XESPOL segue espallándose polos corpos de Policía Local de todo o país. As felicitacións aos dous creadores, os carballeses Kathy Pena e a Manuel Fuentes Fraga, chegan de todas as provincias, porén o Concello de Carballo vén de abrirlles un expediente disciplinario por considerar que o desenvolvemento do programa puidese ser incompatible cos seus postos de traballo, malia que eles teñen argumentado que foi creado no seu tempo de lecer.

Onte, no pleno, Andrés Eirís, concelleiro de TEGA, trasladaba varias preguntas ao pleno, pero o grupo municipal non respondía alegando que non tivera tempo a preparar as respostas. “Cal é o interese que motiva este expediente disciplinario? Hai algún informe do xefe da Policía Local?”, preguntaba TEGA, en alusión á empresa que comercializa a ferramenta de xestión que utiliza o corpo carballés dende hai dous anos.

Novas relacionadas

Comentarios