Venres. 26.04.2024
El tiempo

Un falecido en Muxía tras sufrir un infarto no seu vehículo

  • O condutor dun camión tivo que ser excarcerado tras sufrir un envorco en Ponteceso
Accidente dun camion en Ponteceso 1
Imaxe do aparatoso accidente dun camión en Ponteceso
Un falecido en Muxía tras sufrir un infarto no seu vehículo

Pasadas ás 12:00h da mañá un home paraba o seu vehículo en Montesiños, no medio e medio da estrada DP23-03, que une Cee e Muxía. O home, duns 50 anos e natural de Muxía, debeu sufrir un infarto cando viña conducindo. Os primeiros vehículos, que non podían pasar, chamaron inmediatamente ao 112, e xunto con varios veciños comezaron cos masaxes de reanimación cardiopulmonal.

Chegou o Policía Local de Cee, que continuou cos masaxes, xunto coa doutora do Centro Médico de Muxía, e a ambulancia do Centro Médico, pero tras máis dunha hora de intensos intentos, foi imposible salvarlle a vida.

O suceso provocou unhas colas importantes na estrada, ata que a Garda Civil puido

Accidente en Ponteceso

Servicio primario en Ponteceso, accidente de tráfico #HEMS #Galicia #Emergencia pic.twitter.com/YUXgepOYj6

— Helico de Santiago (@HelicoSantiago) 10 de xuño de 2019

Pasadas as 10:00h da mañá deste luns 10 de xuño, un camión envorcaba na estrada que vai de Carballo a Ponteceso, ao pasar o polígono empresarial. O condutor do camión, de López Cao, ficou atrapado, polo que está sendo excarcerado coa axuda dos Bombeiros de Carballo e o GES de Ponteceso.

Ao lugar, ademais da Garda Civil de Tráfico, tamén acodiu o Helicóptero medicalizado de Santiago de Urxencias.

Accidente dun camion en Ponteceso

Comentarios