Imprimir

Denuncia ao Concello de Corcubión por non recoller dous cans que levan abandonados máis de ano e medio

que pasa na costa | 30 de xullo de 2019

Estes dous cans levan ano e medio abandonados vagando por Corcubión
Estes dous cans levan ano e medio abandonados vagando por Corcubión

Chega o verán e o asunto dos cans abandonados sempre volve á actualidade. Pero non é unha cousa que sexa exclusiva do verán. Fisterra e Muxía, puntos de fin de ruta, son habituais destas situacións. Pero tamén afecta a outros concellos que seguen sen asinar protocolos para solventar o abandono de animais domésticos, e cumplir así ca Lei de Protección Animal.

Este é o caso de Corcubión, que continúa sen ter en conta esta problemática, ata o punto de que dous cans viven en pleno Campo do Rollo. A veciñanza tenos visto ata comendo gatos, e ata unha veciña de Fisterra ten feito unha denuncia contra o alcalde de Corcubión por incumprimento da Ordenanza municipal para a protección e tenencia de animais e a Lei 5/2017 devandita.

Maca Trillo leva meses denunciando que os dous cans levan máis de ano e medio abandonados. Ten falado co Concello en innumerables ocasións, pero non obtén resposta.

Corcubión ten enriba da mesa o orzamento de alomenos unha empresa que xa traballa con outros concellos da zona para solventar estas situacións, e que xestiona eticamente a recollida.

os bancos do campo do rollo a cama dos cans abandonados de Corcubion
Os bancos do Campo do Rollo, son a cama dos cans abandonados

Novas relacionadas

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/corcubion/denuncia-ao-concello-corcubion-non-recoller-dous-cans-levan-abandonados-mais-ano-medio/20190730111342111854.html


© 2019 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA