Venres. 26.04.2024
El tiempo

Egueire pecha o seu décimo aniversario disfrutando en Mazaricos dos seus éxitos en Costa de Marfil

Egueire pecha o seu décimo aniversario disfrutando en Mazaricos dos seus éxitos en Costa de Marfil
O alcalde de Mazaricos falando no 10 aniversario de Egueire O alcalde de Mazaricos falando no 10 aniversario de Egueire O pasado sábado 27, Egueire Ong da man do concello de Mazaricos, celebrou unha gala na Casa da Cultura de Mazaricos para clausurar as celebracións do décimo aniversario da ONG e facer un repaso do traballo realizado o longo desta década ca mirada posta en todo o traballo que queda por diante. Presentada a gala por Tito Villazala e con música da mazaricana Yasmina Zarhani, contouse ca intervención do alcalde de Mazaricos Juan José Blanco quen agradeceu o traballo que está a realizar Eugueire e o papel do presidente Desiré Kouakou Tanoh a quen lle dedicou unhas afectuosas palabras. Un dos momentos máis emotivos para os membros da ONG veu da mán da veciña da Ameixenda Betty Caaamaño, membro da ong, quen repasou a sua experiencia en Costa de Marfil na última viaxe que se realizou para a inauguración da maternidade o pasado ano, e explicou entre anécdotas a sua experiencia e a situación do país africano. A última intervención veu de parte do presidente da Ong, quen agradeceu todo o traballo realizado o longo destes dez anos; traballos hixienico sanitarios (maternidade…) educativos (restauración aulas, apertura de bibliotecas, a granxa escola…) e de promoción económica (axudas a 9 cooperativas, entorno a 600 mulleres), proxectos nos que se invertiron arredor de 300 000€, grazas a colaboración dos socios e as aportacións da xente na compra de lotería do nadal ou a asistencia a festas africanas e comidas e ceas solidarias. Non se pode tampouco esquecer os proxectos de sensibilización que realiza a ong na nosa costa para mostrarnos a realidade de Costa de Marfil e a súa cultura coas visitas de grupos marfileños, rastrillos solidariose as charlas realizadas polo presidente en centros educativos, o libro “Voces en la Selva” ou a magnífica exposición fotográfica de Marcos Rodríguez que esta recorrendo Galicia e que ese día fixo parada en Mazaricos.

Grandes novas dende Costa de Marfil

Imaxe da Maternidade de Egueire en Costa de Marfil Imaxe da Maternidade de Egueire en Costa de Marfil a pleno rendemento Nestas datas Egueire aparte de celebrar estes dez anos de solidariedade, ten grandes novas, como o inicio do funcionamento da maternidade que esta abrindo as portas a vida. Ademais, tamén comezaron coa limpeza dos terreos que se van destinar para a construcción da granza escola, duras tarefas que están realizando César e Joseph tras a súa formación no EFA Fonteboa. Dous proxectos nados na Costa da Morte e que van facer un pouco máis autonómas ás xentes de Costa de Marfil. Futura granxa escola de Egueire en Costa de Marfil César e Joseph realizando unha cabana provisional para continuar cas tarefas de limpeza de cara á construír a granxa escola  

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/egueire-inaugura-a-nova-maternidade-de-costa-de-marfil-con-acento-da-costa-da-morte/ https://quepasanacosta.gal/cesar-e-joseph-diplomados-de-producion-agriopecuaria-no-efa-fonteboa-para-desenvolver-costa-de-marfil/ https://quepasanacosta.gal/170-persoas-disfrutaron-do-cocido-solidario-de-egueire-axudando-aos-seus-proxectos/ https://quepasanacosta.gal/as-miradas-de-marfil-enchen-de/ https://quepasanacosta.gal/os-alumns-do-eugenio-solidarios-con-costa-de-marfil/

Comentarios