Imprimir

Envorca un camión de porcos en Quintáns

Redacción | 07 de xaneiro de 2021

Envorcou un camion con porcos
Envorcou un camion con porcos

Nova maña de numerosas incidencias na estradas polas placas de xeo que provocan as baixas temperaturas. Unha circunstancia que provoca ademais situacións singulares, como a acontecida en Quintáns, parroquia de Gándara, Zas.

Un camión, cargado de porcas de cría, sufría unha saída de vía nunha recta. Envorcaba e todos os porcos acaban nun herbal do lugar. Entre a Garda Civil, Protección Civil e os veciños están intentando mantelos vixiados no herbal, á espera da chegada dun novo camión dende Melide que os leve a unha granxa da zona.

Dende a zona aseguran que "foi unha sorte que acontecera nun lugar sen desniveis", polo que nin o condutor nin as porcas sufriron lesións importantes.

 

Novas relacionadas

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/zas/envorca-camion-porcos-quintans/20210107142929124303.html


© 2021 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA

Banner xunta axudas copia