Venres. 26.04.2024
El tiempo

As Escolas de Idiomas de Cee e Carballo abren matrícula para un novo curso semipresencial

Cartace da EOI de Cee
Tríptico informativo da EOI de Cee
As Escolas de Idiomas de Cee e Carballo abren matrícula para un novo curso semipresencial

Por fin se poñen en marcha as Escolas Oficiais de Idiomas de Carballo e Cee. A semana pasada remataraba os exames da convocatoria extraordinaria do curso 2019-20, e dende este martes está aberta a matrícula (dende a web da EOI) para o novo curso ata este vindeiro 19 outubro, cando dará comezo o novo curso escolar. Un curso que chega cunha novidade importante: A semipresencialidade.

A modalidade na EOI de Cee será a do Ensino-mixto (o termo saxón Blended Learning), é dicir, con clases presenciais, pero tamén cunha aula virtual (dende a web da EOI de Cee) como maneira de continuar fóra das aulas a aprendizaxe da lingua, e ofrecerlle ao alumnado a posibilidade de seguer a aprender de xeito autónomo, pero á vez guiado.

Semi-presencialidade rotatoria en Carballo

Por Carballo (poden acceder a través da súa web)  falan dunha “semi-presencialidade rotatoria” dadas as restricións do número de alumnos por aula. Proposta polos docentes do centro e concedida pola Consellería de Educación, consiste en repartir as dúas clases semanais dos grupos con máis número de matriculados, que, por mor da distancia de seguridade non collen nas aulas, segundo se explica a continuación: o primeiro día da semana acude a metade do alumnado, o segundo día é a quenda da outra parte do grupo e, finalmente, todos disporán de materiais extra e actividades interactivas nunha aula virtual xestionada polo profesor que cubrirá as dúas horas non presenciais dos alumnos. Así, esta modalidade educativa ten como finalidade non perder alumnos, pois só podería matricularse a metade dos que caberían na aula nunha situación normal e, ademais satisfacer as necesidades de aprendizaxe e práctica dos estudantes.

Ademais, outra novidade na EOI de Carballo é que as aulas de francés e alemán trasládanse do Pazo da Cultura á Casa da Xuventude, na rúa Valle Inclán, ao non poder utilizar parte das instalacións do primeiro edificio por carecer de ventilación ao exterior.

Comentarios