Venres. 26.04.2024
El tiempo

Este verán, a limpeza de praias corre a conta da Deputación

Este verán, a limpeza de praias corre a conta da Deputación

Non hai excusas para ter as praias como están. Plásticos, madeiras, aparellos de pesca... ata chapapote, amontónanse en todas as praias sen que os dispositivos de limpeza se poñan mans á obra. Por agora, pero esperemos que as novas axudas da Deputación sirvan para facer unhas brigadas ben numerosas.

Xa vimos todas as praias da nosa Costa que contarán con Bandeira Azul, e son moitas outras as que seguro que o merecían, pero pola falta de coidado impídelles optar á catalogación.

Agora non hai excusas. Como cada verán a Deputación da Coruña destina unha subvención a cada concello para a creación de cuadrillas de limpeza de praias, que comprende unha duración total de tres meses, entre os meses de maio e setembro do presente ano.

Este ano os concellos da Costa da Morte beneficiados son os seguintes:

  • Cabana de Bergantiños (15.150 €);
  • Camariñas (28.000 €);
  • Carballo (30.000 €);
  • Carnota (30.000 €);
  • Cee (15.150 €);
  • Corcubión (12.392 €);
  • Dumbría (15.150 €);
  • Fisterra (28.000 €);
  • Laxe (22.953 €);
  • Malpica de Bergantiños (22.560 €);
  • Muros (28.000 €);
  • Muxía (11.280 €);
  • Outes (14.194,67 €);
  • Ponteceso (30.000 €);

Os criterios empregados para adxudicar as subvencións foron o número de praias do municipio e a extensión total das mesmas (ata o 70%), o número de beneficiarios directa ou indirectamente (ata o 20%), e o nivel de equipamento dos areais (ata o 10%).

Socorristas de piscina

Ademáis, a Deputación da Coruña destina este verán para a contratación de socorristas. Neste caso Mazaricos e Zas recibirán 3.000€.

Novas relacionadas

Comentarios