Excarcerado tras caer por un terraplén de 15 metros en Salto
07:33 12/11/18
Novo accidente en Salto, acontecido a pasada tarde de domingo, arredor das 18:30h. Un vehículo saíase da vía cando circulaba cara Cee a altura da Lagoa (Salto, Vimianzo), e caía por un desnivel de 15 metros de altura.
Ao lugar acodían os servizos sanitarios de urxencia tamén deu conta dos feitos aos Bombeiros de Cee, aos axentes de Tráfico e aos efectivos de Protección Civil.
Os Bombeiros prcederon á excarceración do condutor e único ocupante do vehículo, pois quedara atrapado nunha posición moi complicada, xa que o vehículo quedou volcado sobre o teito.
Unha vez excarcerado foi trasladado ao Hospital polos sanitarios.