Sábado. 20.04.2024
El tiempo

A familia ConcoBox tivo unha prolífica fin de semana en Kick Boxing e carreiras de obstáculos

Javi barrientos na Bear Challenge
O muxián Javi Barrientos na Bear Challenge
A familia ConcoBox tivo unha prolífica fin de semana en Kick Boxing e carreiras de obstáculos

Foi a pasada unha fin de semana completa para a familia DaFIT do Conco Box. Un grupo feminino desprazábase a Guadalajara para participar no Campionato de España de Kick Boxing, outros foron a Asturias para participar na esixente Bear Challenge; ademais os Damién e Paula arrincaron a temporada das carreiras de obstáculos na Bombeiros Race Vigo.

Deixando o Kick Boxing Femenino moi alto

Equipo feminino de Kick Boxing Dumbra en Gualadajara

O equipo de Kick Boxing Dafit-Concello de Dumbría, comandando polo coach Dani Lema, deixou o pavillón moi alto en Gualadajara. Paty Túñez quedou Bronce en categoría Kick Light; Paula Martínez fixo o proio en Light contact e Laura Montero fixo Prata en Light Contact.

Bear Challenge

Equipo ConcoBox na Bear Challenge de Asturias

Bo finde semana para o equipo ConcoBox tamén en Asturias. Javier Barrientos (Quintáns, Muxía), Cristian Danis (Mazaricos), Suso Rodríguez (Cee), Iván Romero (Zas), Valentín Amigo (Cee) acodían coas máximas expectactivas, e non se cumpriron para todos. Cristian gañou en categoría de idade 18-24; Valentín Amigo foi 2º en 30-34, e Barrientos, que aspiraba ao podio, quedou de 11º. Susiño, Iván romero e Javier resultaron descalificados por non superar un obstáculo.

Bombeiros Race Vigo

Familia DAfit ConcoBox na Bombeiros Race Vigo

Arrincaba a Liga Galega de Carreiras de Obstáculos, a Bombeiros Race Vigo. E non faltaron os nosos deportistas de talla mundial. De feito, Paula Esteiro arrincou a temporada co título de campiona en Elite, o mesmo que Damián Espasandín, demostrando que este ano volven estar en primeira liña, ao comenzaren xa liderando a Liga Galega, que se compón de 7 carreiras (das cales puntúan os 4 mellores postos).

Ademais tamén participaron Laura Montero, que quedou 2ª en categoría Popular; e Paula Martínez, Claudia Louzán, Diego Fandiño, Martín, Óscar Lado, Chavi Pérez, e Javier Barrientos.

Laura Montero na Bombeiros Race Challenge
Laura Montero en VigoPaula Esteiro foi campiona na Bombeiros Race Vigo
Paula Esteiro, campioa en VigoDamian Espasandin no alto do podio da Bombeiros Race Vigo
Damián Espasandín, campión en Vigo

Comentarios