Imprimir

FutFem: O Bergan arrincou a tempada cunha vitoria no debri ante o Paisaco

que pasa na costa | 09 de setembro de 2019

A vimiancesa Noe e unha das fichaxes da temporada no Bergan, procedente do Fisober e das Miúdas
A vimiancesa Noe e unha das fichaxes da temporada no Bergan, procedente do Fisober e das Miúdas

Se ben o Gr.3, o das Miúdas e o Cee, non comeza ata o día 22, si que arrincou o Gr.1, onde compite o Bergantiños, ante os equipos da área da Coruña e Ferrolterra. E o cadro de Gueli comezaba cun bonito derbi ante o Paiosado de David Castro, nun ambiente espectacular vivido nas Eiroas.

Bergantiños - Paiosaco (2-1)

  • Bergantiños CF: Lara Sánchez, Lara Rabuñal, Ali, Seo, Tati, Lore, Vimi (Torrado, min.70), Noe (Lucía Canosa, min.65), Claudia (Isa, min.72), Cruz, Alba (Carla, min.82).
  • UD Paiosaco: Colo, Nuria, Vero, Muíño, Érika (Ana, min.85), Ainhoa (Marta, min.61), Chus, Leti, Carla, Amanda, Fanny (Almu, min.73).
  • Goles: 1-0, min.12: Alba a pase de Cruz; 1-1, min.39: Fanny; 2-1, min.72: Isa a pase de Cruz.

O choque non deixou tempo para probaturas, e antes do primeiro cuarto de hora, un erro na saída do balón das verdibrancas era aproveitado por Cruz, que cedía para que Alba abrise o marcador. Cruz e Alba puideron sentenciar nos minutos posteriores pero Colo estivo acertada, como ao longo do encontro.

Antes do descanso, o erro cometíano as locais e era Fanny a que empataba o choque.

A segunda foi tremendamente igualada, cunha ocasión doble inmellorable para as locais á saída dun córner que salvaría Colo; e outra para o Paisaco, na que Muíño non chegaba a rematar. Foi de novo Cruz a que rompía a liña defensiva rival cunha internada por banda e un pase da morte que non desaproveitaría Isa para poñer por diante ás vermellas.

Os últimos minutos foron de tensa igualdade, pero sen chegadas claras, deixando os puntos nas Eiroas.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/futbol-da-costa/futfem-bergan-arrincou-tempada-vitoria-debri-paisaco/20190909221446112850.html


© 2019 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA