Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Hostalería e beleza, os sectores que máis negocios abren en Carballo

Un salon de peluqueria de Carballo
Un salón de peluquería de Carballo
Hostalería e beleza, os sectores que máis negocios abren en Carballo

A pesar da crise, Carballo mantense como unha burbulla de emprendemento no deserto costeiro. Así o demostra a cifra de proxectos empresariais que tramitou a Oficina Técnica Municipal en 2020: 58 novos locais de negocios, deles 17 no último trimestre.
Unha cifra que non inclúe non inclúe as actividades que se desenvolven en domicilios, que non requiren o acondicionamento dun local, polo que habería que sumarlle iniciativas como as desenvoltas no Coworking Carballo e outras actividades desenvoltas a través do teletraballo.

Facendo un balance algo máis amplo, nos últimos 10 anos, o Concello tramitou 751 comunicacións previas de inicio de actividades empresariais.

A hostalería e a beleza (peluquerías ou estética) son as actividades mellor situadas. De feito, contabilizamos un mínimo de 65 peluquerías só no centro urbano carballés (80 en todo o Concello), por case 70 bares ou cafeterías (dos máis de 100 que hai en todo o Concello).

Pero nestes tempos abriron negocios de moitos sectores: márketing, comunicación e venda online; ferretaría; hospedaxe; roupa e deporte; inmobiliaria; despachos profesionais; espazos de coworking; tendas de alimentación; empresas de fontanería; produtos de macramé e ata unha explotación agrícola de produtos naturais.

Ademais, nos últimos 10 anos tamén se tramitaron 112 licenzas para a construción de naves no polígono industrial de Bértoa, 10 delas o ano pasado.

Comentarios