Venres. 19.04.2024
El tiempo

Dolores Nieto: “A outra cara de ser a túa propia xefa é que o teu proxecto é coma un fillo, 24 horas de dedicación”

Dolores Nieto no Coworking Carballo 1
Dolores Nieto no Coworking Carballo
Dolores Nieto: “A outra cara de ser a túa propia xefa é que o teu proxecto é coma un fillo, 24 horas de dedicación”

Dolores Nieto é outra das profesionais autonómas que está desenvolvendo o seu proxecto empresarial ao amparo do Coworking Carballo. Unha oportunidade que ofrece, a posibilidade de ter un espazo de traballo, participar accións formativas de interese empresarial, e aproveitar as sinerxias que poden nacer cos outros proxectos empresariais que están agromando no centro.

Esta licenciada en Economía e Empresariais, con varios máster ás súas costas, despois de traballar os últimos 13 anos na administración de grandes empresas da obra civil, lanza a súa proposta profesional como asesora empresarial, enfocada a axudar a Pemes ou grandes empresas en materia de administración ou xestoría.

 
  • QPC: Como te atreves a lanzar esta aventura de autóboma despos de tantos anos en empresa?

É unha inquietude que teño desde fai moitos anos, xa cando estaba na gran empresa, de poder colaborar e axudar en todo o que esté nas miñas mans a outros profesionais. Inqueitude de seguir aprendendo, seguir crecendo profesionalmente, de axudar e colaborar, sobre todo.
E logo a vida cambioume e quizáis sexa o momento, tendo moi presente os tempos que corren.

 
  • QPC: Que cousas boas e non tanto vas atopando da vida de autónoma?

Dende logo un punto a favor, para min, é a flexibilidade horaria. A outra cara de ser a túa propia xefa é que o teu proxecto é coma un fillo, 24 horas de dedicación. Quero dicir, na maioría dos casos, cando traballas por conta allea acabáse a xornada e acábanse os problemas, de autónoma non.

 
  • QPC: Que servizos ofreces e a quen van dirixidos? Quen son os teus potenciais clientes?

Basicamente e en resumo, ofrezo unha análise dos custes do negocio, coñecer o máis aproximadamente posible onde se foron os custes, analizar se se podería aforrar algo ou ter gañado algo máis. Ademais de contabilidade e fiscalidade.

Os meus potencias clientes serían autónomos e pemes, nas cales os titulares traballan eles mesmos como man de obra e non teñen tempo, nin ó mellor ganas, de revisar toda a documentación para realizar ese análise detallado.  

Dolores Nieto no Coworking Carballo
Dolores Nieto no Coworking Carballo

  • QPC: Que facilidades e que valor engadido che ofrece o Coworking Carballo para desenvolver o teu proxecto empresarial?

Ofrécenme un espazo no que comenzar, coñecer xente que tamén está comenzando e que poden ter as mesmas inquietudes, contactos, colaboración, charlas orientativas.

 
  • QPC: Que é o que máis valoras de participar no proxecto?

A colaboración, o esforzo por darnos unha boa orientación en moitos campos organizando as charlas-seminarios.

 
  • QPC: Cres que sairán sinerxias cos proxectos doutr@s compañeir@s?

Non che digo eu que no.

Creo que o Coworking bríndanos unha boa oportunidade, espero que continúe anos e cada ano mellor.

 

Novas relacionadas

Comentarios