Imprimir

A Laracha, Carballo e Muros, os únicos concellos da comarca que seguen afectados polo Covid

Redacción | 13 de outubro de 2020

Mapa que a Xunta fai público dende o pasado venres tralo acordo coa FEGAMP
Mapa que a Xunta fai público dende o pasado venres tralo acordo coa FEGAMP

Non é para relaxarse, pero os datos do Covid nos Concellos da Costa da Morte son bastante mellores que os que oímos doutras partes do estado. A día de hoxe só o Concello da Laracha está en Nivel 2 de alerta (conta entre 14 e 21 casos positivos), mentres que Carballo e Muros se atopan en nivel 1 (entre 7 e 14).

Segundo os datos da Xunta de cada concello, que son públicos dende a pasada semana gracias ao acordo coa FEGAMP, Fisterra pasa de Nivel 1 a nivel 0.

O resto de concellos da Costa da Morte están en nivel 0, con menos de 7 casos activos.

Ademais, só permanece unha persoa hospitalizada por covid no Hotel Virxe da Xunqueira.

Novas relacionadas

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/costa-da-morte/laracha-carballo-muros-unicos-concellos-da-comarca-seguen-afectados-polo-covid/20201013080102122511.html


© 2020 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA

Banner xunta axudas copia