Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Unha malpicá, gañadora dunha ultramarathon de 206K en Nova Zelandia

Maite Rojo ganadora do Ultramaraton de Auckland
Maite Rojo gañadora do Ultramaratón de Auckland
Unha malpicá, gañadora dunha ultramarathon de 206K en Nova Zelandia

Incrible o que conseguiu a malpicá Maite Rojo esta pasada fin de semana. Vén de saír gañadora na categoría de Mulleres na prestixiosa Sri Chinmoy Race de Nova Zelandia, unha das probas máis duras do circuito internacional, que mide a distancia que es capaz de percorrer en 24 horas. A malpicá fixo nada menos que 206 km, sendo ademais a segunda na xeral (contando as categorías masculina e feminina) só por detrás de Keith Burrows, que fixo 222km.

Maite Rojo, de 47 anos, que ten sido patroa de embarcación, vive en Cambridge, pero a miúdo volve visitar aos seus pais na Fonte dos Bois, parroquia de Cerqueda, Concello de Malpica de Bergantiños. Da man do seu irmán Diego Rojo leva anos participando nestes desafíos, que asume con ilusión e perseverancia, e este fito permitiralle participar, por segunda vez, no esixente Spartathlon de Atenas, e tamén para ir ca Selección Española ó mundial.

Toca agora que o Concello lle faga unha homenaxe como é debido:

A proba tivo lugar este pasado sábado en Auckland, no Estadio Millennium, con tan só 27 participantes estranxeiros polo COVID. "Desde a pausa da miña ultratrail, adestrei durante todo o ano, nada habitual para min, pois sempre tiña poucos meses de adestramento antes de una carreira, mais como todos os demais, a Covid 19 mudou a miña vida a nível profesional. E todo o que é malo ten cosas boas, como máis tempo libre para adestrar", destaca en declaracións a Galicia Confidencial.

Comentarios