Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Malpica, Vimianzo e Fisterra acollen a presentación da curta “A Nena Azul”

Malpica, Vimianzo e Fisterra acollen a presentación da curta “A Nena Azul”
A Nena Azul presentouse en Malpica A Nena Azul presentouse en Malpica

A pasada tarde de mércores 12 de decembro, o Centro Cívico de Malpica acolleu a presentación da curtametraxe “A Nena Azul”, que viaxa por varios concellos de Costa da Morte para a súa presentación e proxección. O equipo da curta, dirixida por Sandra Sánchez e rodada integramente na contorna de Costa da Morte, estará tamén o vindeiro sábado 22 ás 12:00h en Vimianzo, e ás 18:30h en Fisterra.

A Nena Azul foi galardoada co premio Luisa Villalta de Proxectos Culturais pola igualdade que outorga a Deputación da Coruña. O seu personaxe principal é Sira, unha nena de oito anos, filla dun percebeiro furtivo, que foxe da escola e se refuxia nunha solitaria praia na procura do seu pai. Alí ten un misterioso encontro con alguén que parece ser o seu propio espello. Unha historia chea de emoción, cun fermoso escenario de fondo e unha poética posta en escea.

Actores da curta A Nena Azul Imaxe da curta A Nena Azul

A Nena Azul, estreada en 2018, foi dirixida por Sandra Sánchez, con Lucía C. Pan como directora de fotografía e Ángeles Huerta como coguionista. Unha conxunción de mulleres perfecta, cun relevante papel dentro do ámbito cinematográfico galego e unhas traxectorias profesionais que falan por si soas con traballos como Tralas luces, Esquece Monelos ou Dhogs. Ademais de ser as únicas mulleres que conseguiron ser recoñecidas co premio Mestre Mateo nas categorías de mellor dirección, para Sandra Sánchez, e mellor dirección de fotografía, para Lucía C. Pan.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/a-directora-de-a-nena-de-azul-abre-un-ciclo-de-charlas-sobre-cine-e-igualdade-nos-institutos-da-costa-da-morte/

Fonte

Comentarios