Imprimir

En Marea comprométese a traballar para rebaixar a idade de xubilación de redeiras e mariscadoras

que pasa na costa | 15 de Abril de 2019

En Marea coas redeiras de Vilagarcía de Arousa
En Marea coas redeiras de Vilagarcía de Arousa
En Marea comprométese a traballar para rebaixar a idade de xubilación de redeiras e mariscadoras Luís Villares solicitou en Vilagarcía o apoio da cidadanía arousana para levar ao Congreso e ao Senado as demandas e necesidades da xente do mar

A Federación Galega de Redeiras O Peirao lamentaba a semana pasada a decisión do Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social de non permitir xubilarse anticipadamente ao sector. Para remedialo, o grupo de En Marea afirma que traballará para conseguir rebaixar a idade de xubilación de redeiras e mariscadoras. Foi o compromiso que o voceiro da formación deixou o pasado venres en Vilagarcía.

Propoñen modificar o sistema de cotizacións dos traballadores do mar, crear réximes especiais na Seguridade Social que permitan, entre outras cousas, adiantar o retiro das redeiras e prestar especial atención á modificación do regulamento de Costas.

”En Marea será a ferramenta que faga posible levar a Madrid a voz das e dos traballadores do mar. Temos que explicar o que é traballar cos pés na auga e poñer sobre a mesa as demandas dos diferentes colectivos e sectores do mar. Mariscadoras, marineros de baixura, bateeiros, redeiras, atadoras...", indicou a candidata ao Congreso, Iris Malvido, na vila arousana.

O voceiro, Luís Villares, denunciou tamén o recente sablazo que o PSOE ven de impoñer ás traballadoras do mar de xeito unilateral, cun incremento de 50 euros no réxime de cotizacións á Seguridade Social.

Novas relacionadas

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/costa-da-morte/marea-comprometese-traballar-rebaixar-idade-xubilacion-redeiras-mariscadoras/20190415120811108704.html


© 2019 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA