Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Mazaricos armou un pioneiro curso de inseminación de vacas

Mazaricos armou un pioneiro curso de inseminación de vacas
https://www.facebook.com/concello.demazaricos/videos/1573875069336190/

Pura práctica grandeira a que se viviu esta semana en Mazaricos. A Asociación Gandeiros de Mazaricos impartíu por primeira vez un curso de inseminación de vacas no que participaron varios gandeiro@s do concello. O curso contou cunha parte práctica e unha teórica.

As clases teóricas e prácticas foron impartidas polos veterinarios Mónica Barrio e Ismael Fernández, de Xénese ETE. As persoas asistentes practicaron, tras a teoría con matrices para poder aprezar a forma e a textura do órgano reproductivo da vaca. Deste xeito aprenderon a diferenza táctil entre o colo do útero e todo o demais e como deben agarrar este para levar a cabo a inseminación coa cánula. Do mesmo xeito, tamén escoitaron como se debe facer a manipulación e con- servación do esperma.

Tras iso, pola tarde, practicaron con exemplares reais, un por persoa para poder afrontar o desempeño desta actividade. O presidente de Gandeiros de Mazaricos, Óscar Blanco ase- gurou que “queremos que os e as gandeiras do noso concello sexan o máis autónomos posibles nas súa explotacións”. “O curso estaba moi orientado á parte práctica polo que, se o repiten nas súas casas, poderán levar a cabo isto sen problemas”, explicou.

Curso de inseminacion de vacas en Mazaricos Curso de inseminacion de vacas en Mazaricos

Fonte

  • Concello de Mazaricos.

Comentarios