Imprimir

Mazaricos crea a súa Asociación de Gandeiros

que pasa na costa | 16 de xullo de 2015

Pola Asociacion de Gandeiros de Mazaricos

Parece que vai en serio o alcalde de Mazaricos co sector gandeiro, como nos contaba a semana pasada. Avisaba que o Concello quería axudar ao sector facendo de interlocutores ca Xunta, e ademais promovendo a creación dunha Asociación de Gandeiros de Mazaricos, que sexa un ente independiente e apartidista.

E a cousa vai en marcha, pois esta noite de xoves 16 de xullo de 2015, ás 22:00h da noite, na Casa da Cultura, terá lugar outra asamblea para a constitución da devandita asociación.

De feito, para os que queiran interesarte, xa se poden descargar os #‎estatutos na web municipal.

Manifestación masica en Compostela

A asemblea servirá tamén para animar a todo o sector a participar na masiva manifestación que terá lugar este venres 17 en Santiago de Compostela, e na que estará moitos alcaldes da zona que xa amosaron o seu apoio ao sector lácteo.

Novas relacionadas

Fonte

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/mazaricos/mazaricos-crea-a-sua-asociacion-de-gandeiros/20150716065158078749.html


© 2019 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA