Venres. 26.04.2024
El tiempo

Mazaricos, unha semana como epicentro do sector gandeiro galego

Mazaricos, unha semana como epicentro do sector gandeiro galego
Semana Gandeira de Mazaricos 2017 Espectacular o programa completo da Semana Gandeira de Mazaricos 2017. Do 27 de novembro ao 3 de decembro, Mazaricos convertirase no epicentro do sector gandeiro e leiteiro de Galicia. E non é para menos, tendo en conta de que a MZ está feita en leite, pois o 90% da economía municipal depende do sector. A cita está polo Concello de Mazaricos, Africor, a asociación cultural Eu Son Mazaricos e a Asociación de Gandeiros de Mazaricos. Contará durante toda a semana cunha sempre atractiva exposición de maquinaria agro-gandeira e de servizos. Unha desas exposicións que tanto atrae á xente da zona para ver as novidades máis salientables, pero que tamén van disfrutar os escolares da zona, que poderán subir aos tractores e terán visitas ás explotacións gandeiras do concello. Entre as actividades semanais tamén destacan os cursos e exhibicións de cociña, así como os exitosos concursos de fotografía, de relatos curtos e de sobremesas. Os concursos están abertos ata o 15 de novembro, e xa podedes enviar as vosas mellores fotos polo whastapp a través do 628 80 97 61 ou a través do correo [email protected]. Semana Gandeira de Mazaricos 2017 Actividades da Semana Gandeira de Mazaricos 2017

Xornada Técnica

Xornadas Tecnicas da Semana Gandeira de Mazaricos 2017 Os días grandes serán o sábado 2 e domingo 3 de decembro, coa Xornada Técnica e a Poxa de Xovencas como grandes focos de atracción. Pero ademais, a tarde do sábado estará amenizada co concerto de A Banda de Balbina, e terá lugar a entrega de trofeos. O sábado será o día da Xornada Técnica. Dende ás 10:45 e ata as 14:00h falarase de temas tan interesantes como as pautas necesarias para mellorar a calidade da leite (da man de Alejandra de la Barrera, do Grupo PS Vet DairyQuality S.L.). Tamén ser tratarán as claves para unha boa inseminación seguindo o pioneiro curso impartido hai unhas semanas (con dous veterinarios de Xénese). Sairán á palestra outros temas interesantes, como o bancario, o estrés por calor ou a nutrición das becerras. Ademais haberá unha interesante reflexión comunal dirixida polo Director do CLUN sobre o camiño que está tomando o sector.

A Poxa

Poxa da Semana Gandeira de Mazaricos 2017 Sen dúbida, a cita que máis atención acolle será a Poxa de Xovencas. Xa o sábado pola mañá os animais irán entrando na carpa anexa, onde pasarán a noite. Pola tarde poderase pasar a velas. O domingo, a partir das 11:00h, comezará a poxa, e veremos se se chegan aos 2.550€ que valeu a vaca de Curtis, a máis cara do ano pasado.

Máis información

Toda a información está dispoñible en www.semanagandeirademazaricos.gal.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios