Venres. 19.04.2024
El tiempo

“Mozos desamparados ao arbitrio da droga e o botellón”

“Mozos desamparados ao arbitrio da droga e o botellón”
O Centro de Menores está no ultimo piso do edificio da Residencia de Maiores O Centro de Menores está no último piso do edificio da Residencia de Maiores

”Que pasa en Fisterra?”, pregúntase Mª del Pilar Traba Domínguez. A directota do centro mini residencia infanto xuvenil Nosa Señora do Carme de Fisterra, nota “difícil de atallar o problema que estamos a sufrir en Fisterra, onde os nenos e nenas abandonados que tratamos, fican ao arbitrio da droga e o botellón que campa en Fisterra”.

Pilar vese obrigada a lanzar un SOS a toda a vila de Fisterra, pedindo responsabilidades ás autoridades competentes, asociacións de veciños, pais e nais… das desfeitas que se veñen producindo cada día no centro de Fisterra. Lugares onde as drogas campan con normalidade botando por terra todo o traballo que realizan no centro con mozos e mozas absolutamente desamparados, moito máis permeables a calquera incitación.

”Os menores adolescentes que veñen a residir baixo a tutela de Protección e os residentes no pobo, atópanse con porros ao seu alcance, tabaco e permisividade do botellón”, denuncia con claridade, ao tempo que reparte responsabilidades lamentando que “somos amantes das festas mais non das desfeitas”.

Pilar describe a situación como moi grave, focalizando en eventos especiais. “Ao carón da Obra Social onde residen os menores de protección e tamén un fogar Socio Sanitario celebrase a Festa do Longueirón. Durante dous días soportando ata altas horas da mañá música, (xa despois de que remate a disco móbil), botellón e berros. E como esta festa, otras máis que se celebran noutras partes do pobo, ao levantarse, a primeira imaxe que se ve son borrachos de todas as latitudes, non só de Fisterra”.

O equipo educativo ten denunciado esta situación en Fiscalía de menores, en Protección e na Garda Civil, porque “Quen se pode recuperar así?… A quen compete o risco e o desamparo?”.

O centro, que leva traballando dende 1994 no campo da protección de menores con Equipo educativo cualificado, lamenta esta situación. “Levamos tanto tempo calados/as que parece que este é un barco sin PATRÓN.”

Comentarios