Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Nova polémica en Corcubión en torno ao Campo do Lobo e aos intereses persoais na política

Nova polémica en Corcubión en torno ao Campo do Lobo e aos intereses persoais na política

A pasada semana, o BNG corcubionés enviaba unha nota de prensa na que se comprometía a solucionar os problemas no Campo do Lobo. I é que o pleno trataba o pasado xoves a modificación nas Normas Subsidiarias do Plan corcubionés. O BNG votou a favor da corrección do que considera erro no documento mentres que o grupo de goberno abstívose. Nese sentido o PSOE asegura que o fixo sendo "unha decisión de cada concelleiro do noso grupo para manifestar a nosa posición neutral no asunto", asegura o alcalde.
Para o BNG esta abstención non é comprendida pola oposición que apunta que “o alcalde no 2004 asinou un informe favorable ao que demandan os veciños, logo díxolle que solicitaran a correción do erro, e finalmente contradicese e abstense, dándolle a espalda aos intereses dos veciños no campo do lobo", denuncia o voceiro local Oscar Insua.
Ante isto o alcalde afirma que "non asinou ningún informe, o alcalde o que asinou foi o “visto e prace” a unha certificación do secretario-interventor do que literalmente recolle o informe que fixo o técnico aparellador como desposta a solicitude de parte sobre o posible erro", afirma Chisco.

Pero antes de acabar o comunicado cun “o alcalde só lle resolve os problemas aos amigos, e coa abstención tan só dá mostras de incompetencia, como fixo Poncio Pilatos, que despois de mentir e mentir, lavouse as mans".

Resposta do alcalde

Comeza Francisco Lema Chisco a súa carta de resposta ao BNG do seguinte xeito: "unha vez máis, como xa nos ten acostubrado, o voceiro do BNG en Corcubión que enganar aos veciños traxiversando a realidade do que acontece na vida política de Corcubión. Tenos preocupados a súa capacidade de mentir, o intento de usar os asuntos municipais en beneficio propio e partidista". E explica:

Para o grupo de goberno, a problemática do Campo do Lobo "surxíu pola modificación puntual que estando o BNG con maioría absoluta aprobou para solucionar non que sei asunto, pero dende logo non foi para crear zonas verdes como pide vostede agora", denuncia.

"Segundo, o problema do particular orixinouse por unha denuncia que se fixo estando o BNG no poder e tramitou un expediente de reposición de legalidade. E tampouco lle deron solución", continúa. "Nese expediente o técnico aparellador informou que onde estaba a casa era solo rústico, incumplia a separación a lindeiros e non tiña licencia. Mesmo fixo o informe para o expediente das medidas de precinto da vivenda".

"Por que non o fixeron antes?"

Chisco explica que "posteriormente pediron licencia (no que o proxecto situaba a vivenda na parte do finca que era edificable pero non na súa situación real). Foi tamen co BNG gobernando cando non lla resolveron", denuncia. "E foi co BNG gobernando cando se xudicializou o asunto. Despois no 2007-2008 cando gobernou o BNG-PP tamen tiveron oportunidade de facer o que agora están tan seguros que se debería facer.  "¿Por qué non o fixeron? ¿É esto ra demagoxía de sí por diante e o non por detrás?.  ¿Por qué levantaron as paralización de Quenxe e non llo fixeron aos veciños, tanto no casco histórico como neste caso?", pregúntase o alcalde

.  

Novas relacionadas

Fonte

  • Notas de prensa do PSOE e do BNG corcubionés.

Comentarios