Venres. 26.04.2024
El tiempo

Un novo accidente no punto negro de Berdeogas

Un novo accidente no punto negro de Berdeogas

accidente berdeogasO treito que vai dende o desvío cara Santiago e a curva que antes da gasolinera, en Berdeogas, é un claro punto negro (de accidentes normalmente leves) da nosa AC552. Esta mañá, arredor das 11:30h rexstrábase un novo accidente, entre un camión e un turismo na AC552 á altura da estación de servizo. O condutor do turismo quedou ferido e foi trasladado en ambulancoa ao Hospital de Cee.

Ao lugar acodiron, ademais de Urxencias Médicas, os Bombeiros e a Garda Civil de Tráfico, que tiveron qu regular o tráfico, e colaborar na retirada do furgón, ademais de mover os vehículos e retirar os restos do accidente.

Punto negro da AC552 en Berdeogas

Comentarios