Venres. 26.04.2024
El tiempo

Novo incendio nun alpendre con animais, en Muxía

Novo incendio nun alpendre con animais, en Muxía

Esta pasada tarde de martes, arredor das 19:00h, efectivos do ADC Bombeiros Costa da Morte e Protección Civil de Muxía tiñan que achegarse ao lugar de Guisamonde, en Muxía, para sufocar un incendio nun alpendre. No interior había palla, diverso material e varios animais. O teito de uralita rebentou e caeu. A rápida intervención dos veciños e dos servizos de emerxencias permitiu salvar aos animais ovinos que había dentro pero non si que pereceron tres galiñas que había dentro dunha xaula.

Pouco antes de 21:00h conseguiron apagar o lume.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/incendio-dunha-granxa-con-animais-en-carnes/ https://quepasanacosta.gal/incendio-dun-galpon-en-carantona/

Comentarios