Venres. 29.03.2024
El tiempo

O alcalde de Cabana declara no cuartel de Ponteceso por un posible delito contra o patrimonio

O alcalde de Cabana declara no cuartel de Ponteceso por un posible delito contra o patrimonio
José Muíño, alcalde de Cabana, investigado por un posible delito contra o Patrimonio José Muíño, alcalde de Cabana, investigado por un posible delito contra o Patrimonio

Foi a do pasado mércores 21 de marzo unha tarde de declaracións no Cuartel da Garda Civil de Ponteceso. Alí estivo o alcalde de Cabana, José Muíño, investigado por un suposto delito contra o patrimonio xunto a outras 6 persoas do Concello.

O Seprona pasaba o pasado luns a rexistrar as dependecias municipais, e onte era día de declaracións. Seprona, responsable dos propios delitos contra o patrimonio, estaría investigando un posible movemento irregular de varios hórreos de Canduas.

Os feitos polos que se realiza a operación remóntanse a 2015, cando o concello realizou as obras de Adecuación de praza pública en Canduas (2ª fase) e implantación de hórreo en finca”. Un dos horreos sobre os que se fixeron a praza non se tocou, pero o outro se retirou pedra a pedra e o seu propietario o levou para a súa finca.

Foi aí cando a Asociación Ambiental Petón do Lobo pedía explicacións a Patrimonio, considerando que os hórreos teñen unha protección especial.

Restos amoreados do horreo movido en Canduas Restos amoreados do hórreo movido en Canduas -Foto-Peton do Lobo Horreo da Praza de Canduas Horreo da Praza de Canduas-Foto-Petón do Lobo

Fonte

Comentarios