Venres. 26.04.2024
El tiempo

O Consello Municipal de Turismo de Fisterra convoca unha reunión para constituír unha Asociación de Empresarios

O Consello Municipal de Turismo de Fisterra convoca unha reunión para constituír unha Asociación de Empresarios
  • Última hora: a reunión foi aprazada para despois de Semana Santa por problemas de axenda do goberno municipal e de varios empresarios.
 

É a pata que lle falta ao Consello Municipal de Turismo de Fisterra para establecerse como un verdadeiro interlocutor coas administracións superiores. A constitución dunha Asociación de Empresarios parece estar en marcha, despois da convocatoria por parte do Concello a todos os/as empresarios/as relacionados/as co sector turístico, a unha xuntanza no salón de plenos do Concello de Fisterra, o xoves 22 de marzo ás 20:00h.

Todos coinciden en que o Consello Municipal de Turismo está sendo unha boa iniciativa por parte do Concello, comandanda polo alcalde Pepe Marcote, co apoio da Concelleira Teresa Fernández. O Consello ten en marcha un plan estratéxico desenvolto por unha consultora que parece que servirá de guía para un sector que leva andando sen rumbo durante as últimas décadas.

Para algún destacado empresario da comarca como Jesús Picallo, “Paréceme unha gran iniciativa, e ten que saír rápido, porque Fisterra necesita unha asociación construtiva, con xente nova, que mire cada adiante”.

Dende a experiencias, boas e non tanto, fala Martín Canosa, ex presidente da finada Asociación de Turismo Finisterre. “Creo que hai que darlle un pulo a isto e unirse. Ademais, agora temos a experiencia de outras veces que se empezou con moita forza e despois nada. En 2012-2013 chegamos a facer mesmo mesmo campañas en televisións, pero os diferentes puntos de vista fixo que todo acabara mal. Agora sabemos que ten que haber unha persoa dedicada só á Asociación e un local”, explica Canosa aprendendo dos erros pasados.

Numerosa asistencia na presentacion de Turismo FInisterre na Turexpo Imaxe dunha das citas artelladas en 2013 por Turismo Finisterre

Novas relacionadas

Comentarios