Venres. 26.04.2024
El tiempo

O Corpus fixo as delicias de feligreses e festexeiros

O Corpus fixo as delicias de feligreses e festexeiros

Unha das primeiras festas do ano a nivel comarcal chegaba esta pasada fin de semana coas Festas do Corpus. Lugares como Brens, Pereiriña ou Fisterra gozaron destas festas que mesturan devoción e troula a partes iguais.

Ou non, porque por exemplo, por Brens o que triunfou foi a noite sabatina coa Alkar enchendo a carpa de música a pesar da choiva.

De comuñón en Fisterra

 do Corpus en FIsterra-Foto-Jose Fernando Carrillo Comuñón do Corpus en FIsterra-Foto-Jose Fernando Carrillo

Arrincaba o Corpus Christi na vila do Cristo coa cerimonia da Primeira Comuñón celebrada, como é tradicional, na igrexa parroquial de Santa María de Fisterra.. A misa, a administración do sacramento e a procesión do Corpus foi realizada polo sacerdote José María Santamaria, en sustitución de Agustín Fariña, cura-párroco de Fisterra, o cal atópase doente. Aos primeiros comulgantes acompañáronos os seus catequistas, todas as súas familias e a comunidade cristiá de Fisterra, mentres que a misa foi cantada polo coro Ntra. Sra. do Carmen, que dirixe Carlos Velasco Herguedas e a procesión foi acompañada pola banda de gaitas do Rumbo, que dirixe Ramón Domínguez Calvo.

A procesión percorreu as principais rúas da vila, nalgunhas das cales instaláronse os tradicionais altares para a adoración da eucaristía, mentres que as rúas adornáronse con flores nos lugares por onde tenia que pasar a procesión. A Fiseta de Corpus Christi é unha das máis tradicionais de Fisterra.

Procesión do Corpus en FIsterra-Foto-Jose Fernando Carrillo Procesión do Corpus en FIsterra-Foto-Jose Fernando Carrillo  

Porco ao espeto, o protagonista en Pereiriña

Porco ao Espeto en Pereirina-Foto-Rafa Quintans Porco ao Espeto en Pereiriña-Foto-Rafa Quintans

A de Pereiriña foi unha auténtica romaría campestre. Misa solemne, pasarrúas co grupo Peta Forte, sesión vermú e verba coas orquestras Ritmo Joven e a portuguesa Fulçao Publika, e disco móvil. Pero o gran protagonista foi o porco ao espeto da tarde-noite sabatina, para acompañar á final da champions. Unha fin de semana moi emocionante e festexeira.

Procesion do Corpus en Pereirina-Foto-Rafa Quintans Procesión do Corpus en Pereiriña-Foto-Rafa Quintáns Peta Forte en Pereirina-Foto-Rafa Quintans Peta Forte en Pereiriña-Foto-Rafa Quintáns Ritmo Joven liouna en Pereirina-Foto-Rafa Quintans Ritmo Joven liouna en Pereirina-Foto-Rafa Quintans

Fonte

Comentarios