O Día Mundial do Leite, celébrase coa MZ
10:01 31/05/17
A Vaza Mazarica xa está nas dependencias municipais para recibirvos cun vasiño de leite
Non faltarán nin a Mazarica, nin a Marela nin a Linda. Pero é que O Día Mundial do Leite é unha das citas máis importantes para as vacas máis famosas de Mazaricos.
Este xoves 1 de xuño celébrase o Día Mundial do Leite. Para celebralo, o Concello convidará a un vaso de leite a quen se achegue polas oficinas municipais.
Ademais as e os nenos da Escola Infantil achegaranse ao Concello para degus- tar produtos lácteos. “É un xeito de facer visibles os produtos MZ. Somos un concello inminentemente gandeiro e estamos orgullosos e orgullosas de selo, temos orgullo do noso”, afirmou o alcalde, Juan José Blanco Riveiro.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC [email protected]).