Venres. 26.04.2024
El tiempo

O Fondo de Compensación Ambiental deixa 200.000€ en Mazaricos

O Fondo de Compensación Ambiental deixa 200.000€ en Mazaricos
O Delegado da Xunta, Ovidio Romero, co alcalde de Mazaricos, Xoan Blanco O Delegado da Xunta, Ovidio Romero, co alcalde de Mazaricos, Xoan Blanco Recibía esta mañá o Concello de Mazaricos varias obras desenvoltas pola Xunta a cargo ao Fondo de Compensación Ambiental, a través da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. En total, investíronse máis de 210.000 euros, repartidos entre varios proxectos. En concreto, o Concello de Mazaricos empregou os cartos na roza mecanizada en camiños rurais, na limpeza de maleza no interior de núcleos rurais, nunha senda paisaxística na contorna do Monte Aro, na mellora do saneamento en Pino de Val e na drenaxe de pluviais nos núcleos de Alborés, Beba, Coiro, Colúns, Corzón e Eirón. No caso de Mazaricos, o municipio alberga 123,5 aeroxeneradores e máis de 34 quilómetros de liñas. Estas axudas, concedidas a través da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, están destinadas a financiar iniciativas orientadas á conservación da biodiversidade, ao impulso da eficiencia, ao uso sostible das enerxías renovables e á restauración e reposición do medio ambiente e reequilibrio territorial.

Fonte

  • Xunta.

Comentarios