Imprimir

O PSOE de Ponteceso volve ao ataque por despilfarro municipal

que pasa na costa | 07 de maio de 2012

As farolas prendidas a plena luz do día (ás 16:00h segundo denuncian) é unha das queixas que o PSOE de Ponteceso presenta esta semana. I é que o voceiro Lois Carballido afirma que "o Concello está a despilfarrar os recursos do concello mentras debe 155.054 en sumnistro enerxético". E destaca que "estas farolas de Tella levan catro meses funcionando día e noite".

O Grupo municipal do PSOE, que segue facendo charlas informativas polas parroquias, como a da pasada fin de semana en Brantuas, critica que "todos os veciños, mesmo os que non teñen traída de auga, teñen que pagar 286.000€ á concesionaria de Augas de Ponteceso, máis un 5% de intereses".

Ademais critica que a rede wifi tamén a paguen todos os veciños, mesmo os que non se poden aproveitar deste importante e novedoso servizo municipal.

E por outra banda, denuncian tamén que non poden ver as facturas municipais. "O Alcalde respostou negativamente xa en tres ocasións ó noso requiremento para que nos amosaran as facturas orixinais incluídas nos 1,82 millóns de euros do pago a proveedores", denuncia Carballido.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do PSOE de Ponteceso.
Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/ponteceso/o-psoe-de-ponteceso-volve-ao-ataque-por-despilfarro-municipal/20120507074001070387.html


© 2020 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA

Banner xunta axudas copia