Imprimir

Os escolares disfrutarán cun completo Outono Pondaliano

que pasa na costa | 14 de setembro de 2012

Mesa da rolda de prensa presentación Outono Pondaliano 2012 con Xose María Varela, Xosé Manuel Varela, Óscar Rey e Luís Giadás

Non é que marchara polo verán, que de feito na Lareira da Fundación e na Casa dos Veciños do Couto a cultura non para nunca. Pero a comitiva da entidade vén de presentar unha nova edicion do programa Outono Pondaliano, cun mes intenso de actividades, pensadas para escolares, pero tamén para todos os públicos, como o Simposio Pondaliano, que chega á súa 10ª edición.

Propostas escolares

Outubro será un mes intenso de actividades na Fundación Eduardo Pondal. Todos os martes e sábados, escolares, docentes e público en xeral poderán escoller nun amplo elenco de propostas. A actividade central será unha nova edición do Simposio Pondaliano, que se celebrará todas as tardes dos martes e mais un sábado de ruta por Ferrol.

Os destinatarios deste programa será o alumnado da Escola Infantil A Galiña Azul de Ponteceso os do CEIP Eduardo Pondal, os do IES de Ponteceso. Os espazos nos que se desenvolverán as actividades serán o Centro Cultural de Ponteceso, a Fundación Eduardo Pondal, a Casa dos Veciños, a enseada da Insua, a Aula Municipal de Danza e a cidade de Ferrol.

O elenco de participantes estará formado por Rudi Dudi e o seu Circo Caracol, Tucho Calvo, José Félix Neira, grupo de teatro Badius, A Requinta da Laxeira, bailaríns e gaiteiros do Centro Coreográfico de Galicia, Xosé Neira Vilas, Miguel Anxo Calvo, Tinta de Lura, Xosé Antonio Pet Posse, Xosé Antonio Andrade Figueiras, Manuel Ferreiro Fernández, Alba Costa, Felipe Senén, Miguel Toval, Xosé Luís Axeitos, Diana Varela Puñal, Xulio López Valcárcel, Ana María García Suárez, María Canosa Blanco, María José Martínez Pérez, Aula de Declamación da Fundación Eduardo Pondal, José Luís Rabuñal Patiño e o presidente da Real Academia Galega, Xosé Luís Méndez Ferrín, quen poñerá o broche final ó Simposio Pondaliano.

Unha nova edición do Simposio Pondaliano

Neste ano 2012 o Simposio Pondaliano chega á décimo quinta edición. A xornada inaugural centrarase na conmemoración dos 25 anos de La Voz de Galicia en Carballo.
As actividades do Simposio desenvolveranse cada martes de outubro en dous apartados. Ás 6 da tarde terá lugar a conferencia do día para ás 19.45 pasar a expoñer pequenos documentais, explicar exemplos de boas prácticas educativas ou presentar libros.

Ademais, os escolares de Ponteceso manterán encontros cos conferenciantes do Simposio, aproveitando a ocasión para achegar a conferenciantes de primeiro nivel ó alumnado dos colexios do concello. Desta maneira,persoeiros da cultura como Xosé Luís Méndez Ferrín, Xosé Neira Vilas, Tucho Calvo, Manuel Ferreiro ou Xosé Luís Axeitos manterán encontros na Fundación Eduardo Pondal todos os martes ás 3 da tarde no Salón de Actos da Fundación.

Outras propostas de carácter lúdico

As mañás dos martes tamén ofertarán propostas de carácter lúdico para os escolares. Na xornada inaugural, Rudi Dudi ofrecerá o seu espectáculo circense circo Caracol para familias e bebés da Escola Infantil A Galiña Azul e do EI do CEIP Eduardo Pondal de Ponteceso.
Outras propostas dos martes vindeiros serán unha intervención de danza contemporánea titulada “Pasos lixeiros”, outra de música tradicional co nome de “Maruxiña”, un concerto de música clásica a cargo da Escola de Música do Liceo La Paz, unha visita ó miradoiro de aves Eduardo Pondal.

Os sábados acollerán actividades para o público xeral. Desde unha representación teatral a cargo de Badius, unha actuación de música tradicional a cargo d’A Requinta da Laxeira, cinema a cargo de FalaRedes, degustación de novos produtos Sabores de Bergantiños, presentación dos libros "Relatos de antano y hogaño" de Xosé Antonio Pet Posse e "Querida Paula" de Xosé Antonio Andrade Figueiras, unha exposición fotográfica de Ana García sobre o Roncudo e un safari fotográfico-literario con Ana García e María Canosa polas costas do Roncudo.

Programa Completo Outono Pondaliano 2012

Programa Outono Pondaliano 2012-1 Programa Outono Pondaliano 2012-2 Programa Outono Pondaliano 2012-3

Nestas actividades colaboran as seguintes entidades: Deputación da Coruña, Consellería de Medio Ambiente, Centro Coreográfico Galego, Agadic, Consellería de Educación e Cultura, Concello de Ponteceso, Fundación Barrié de la maza, La Voz de Galicia, Embora Edicións e Fundación Centro da Artesanía e do Deseño.

Novas relacionadas

Fonte

  • FEP, da man de Xosé Manuel Varela.
Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/ponteceso/os-escolares-disfrutaran-cun-completo-outono-pondaliano/20120914073047071219.html


© 2019 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA