Venres. 26.04.2024
El tiempo

Os escolares, os primeiros protagonistas da Semana do Leite de Santa Comba

Os escolares, os primeiros protagonistas da Semana do Leite de Santa Comba
Visita escolar a unha granxa na Semana do Leite de Santa Comba Visita dos alumnos do Barrié de la Maza á SAT "Os Agros" situada en Alvarín- Alón na Semana do Leite de Santa Comba Semana do Leite Santa Comba 2018-cartel Máis de 300 escolares da provincia participarán nas visitas escolares da 1ª Semana do Leite de Santa Comba, que se celebra do 26 de febreiro ao 4 de marzo. A SAT "Os Agros" situada en Alvarín- Alón acollerá entre o 26 e o 28 de febreiro a nenos e nenas de 5 centros educativos de Educación infantil e primaria, e un instituto de Educación Secundaria, nunha interesante  iniciativa que une o sector gandeiro de Santa Comba e o educativo. Será a actividade que abra o programa que rematará coa sempre esperada polo sector, XVIII Poxa de Xovencas. Así, este luns son os alumnos do CEIP Barrié de la Maza de Santa Comba e do CEIP Pepe de Xan Baña de Traba- Castriz. Durante 2 turnos de mañá, o nenos poderán coñecer o proceso de cría, alimentación cuidados e producción láctea das vacas xalleiras. Coa idea de dar visibilidade ó grandísimo traballo que fan os gandeiros da Terra do Xallas, naceu esta iniciativa, que acercará a importancia do Leite e a súa producción ós máis pequenos. As visitas estarán guiadas por María Ramos, que contará coa colaboración de persoal e monitores municipais que acompañarán ós nenos, tanto na visita, como nunha acción audiovisual que amose a importancia na alimentación dos productos lácteos. Visita escolar a unha granxa na Semana do Leite de Santa Comba 2 Os nenos do Barrié da Maza na granxa de Alón O martes será o turno para outro grupo do Colexio Barrié xalleiro, do CPI San Vicente da Baña e do Colexio Plurilingüe Nuestra Señora Inmaculada de Santa Comba, co que as visitas se alongarán ata a tarde. O mércores visitarán as instalacións da SAT Os Agros un grupo de alumnos do Colexio Quiroga Palacios de Santiago de Compostela, e os alumnos do Ciclo de Hostelería do IES Terra do Xallas de Santa Comba. Semana do Leite Santa Comba 2018-Programa 2 Programa da Semana do Leite de Santa Comba

Novas da Semana Gandeira

Máis novas relacionadas

Comentarios