Venres. 26.04.2024
El tiempo

Os propios alumn@s marcan as rutas do Pedibús

Os propios alumn@s marcan as rutas do Pedibús
Pintando as rutas do Pedibus 2 Pintando as rutas do Pedibús

Fermosa iniciativa a enmarcada na Semana da Mobilidade e pensada para os pequenos. O pasado venres, unha ducia de cativos participaron na sinalización do Pedibús, esas rutas que utilizan para ir ao cole a pé en grupos. Acompañados pola Policía Local e algunhas nais e pais, dividíronse en dous grupos e fixeron o mesmo percorrido que realizan cada día entre as súas casas e os colexios Fogar ou Bergantiños, pero nesta ocasión pintando, coa axuda de plantillas, o logo do Camiño Escolar no chan.

A promoción do Pedibús é unha das liñas de actuación nesta Semana da Mobilidade, xa que o lema europeo deste ano é “Compartir lévate máis lonxe” e aposta, entre outras, por iniciativas deste tipo. Para que cada vez sexan máis os nenos e as nenas que se desprazan a pé e en grupo, recuperando pouco a pouco a súa autonomía, tamén se levou a cabo un reparto de folletos informativos en todos os colexios do casco urbano. Grazas a estas iniciativas xa están a sumarse novos membros aos grupos, e ademais hai interese doutros centros.

Máis accións da Semana da Mobiliade

Ademais das enquisas realizadas a pé de rúa para analizar como se moven os carballeses, o programa da Semana ten máis actividades. O sábado realizaron, da man de Asociación Deportiva Media Ducia, unha nova edición da súa Pequerruta, unha ruta en bici pensada especialmente para os nenos e as nenas, pero tamén aberta aos maiores, que se realizará polo paseo do Anllóns.

Pero a Semana da Mobilidade en Carballo aínda continuará unha semana máis. O sábado 7 de outubro realizarase unha ruta urbana en bici coordinada polos tres clubs ciclistas locais: Monteneme, Media Ducia e Club Ciclista Carballo, e o domingo 8 repetiremos a ruta urbana a pé polo núcleo urbano de Carballo guiada por Xan Fernández Carrera.

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Carballo.

Comentarios