Imprimir

Ponteceso comeza unha nova recollida a domicilio de aceites usados de cociña

Redacción | 14 de xaneiro de 2020

Cada tres meses ponse en marcha un novo proceso de recollida de aceite vexetal usado de cociña, casa por casa en Ponteceso. A empresa Collecting Oil, comeza este 13 de xaneiro unha nova batida dos máis de 2.000 que están distribuídos polas familias pontecesás.

Unha proposta medioambiental do Concello pontecesán que segue calando na veciñanza e que facilita que as augas da contorna non se contaminen con eses aceites que adoitábamos tirar polo sumidoiro.

Debido a problemas de acceso aos edificios, a partir de agora, todos os envases deberán ser depositados no exterior das vivendas, en lugares visibles e accesibles.
As persoas interesadas en obter máis información ou formar parte da campaña poden chamar ao teléfono 639 920 936.

A ruta

  • Luns 13: Comezarase na estrada de Corme (xunto á ponte) pasando por: Cedeira, Carracido, Couto, Cospindo, A Brixería, Curras, A Matigueira, Balarés, Guxín, Xomonte e parte de Corme Aldea.
  • Martes 14: Corme Aldea, Froxan, O Picoto, Corme Porto (rúa Vila de García, camiño Paseo Marítimo, estrada Ponteceso, rúa Rio de Arriba).
  • Mércores 15: Corme Porto (estrada Roncudo, R/Arnela, Barrio Campo, R/Real, R/ Nova, Travesía Nova).
  • Xoves 16: Corme Porto (R/Nova, R/ Paxariñas, Barrio Regadiños, R/ Agra Rodríguez, Barrio Fontiña, Roncudo, As Regadiñas, As Pedras Miúdas, R/Condes, R/Carral e Paseo Marítimo).
  • Venres 17: Corme Porto (R/ Coroto, R/ Xeneral Mourelle, R/ Sol, Paseo Marítimo, Avda. Mariña, Barrio Remedios, R/Hortas, R/Crego, R/Fontiñas, R/ Real, Praza do Pan e Barrio Fontiñas).
  • Luns 20: Carballido, As Gurichas, Lestimoño, R/ Crucero, R/Concello, R/ Cuartel e R/ Aduana.
  • Martes 21: Praza Recheo, R/Paseo Fluvial, Polígono paseo fluvial, Avda. Eduardo Pondal e Avda. Anllóns.
  • Mércores 22: Avda. Anllóns, Barrio Juncal, R/Teresa Mosqueira Manso, R/Eduardo Blanco Amor, Praza Campo da Feira, R/Veda e Barrio Trabe.
  • Xoves 23: Avda. Bergantiños, Rueiro, Aldea Tella e Tella.
  • Venres 24: Aldea Tella, Anllóns, A Garga e R/ Cuñarros.
  • Luns 27: A Gándara, Seixos, Petón, Polígono Tella, Tallo, Vilasuso e O Rieiro.
  • Martes 28: Bugalleira, Ameixenda, Rebordáns, As Salgueiras, Os Melcos, Langueiron, A Vitureira, Ardabón.
  • Mércores 29: A Ponte Dona, Xornes e Pazos.
  • Xoves 30: Pazos, Riotorto, Limiñoa, O Barreiros, Cores, Viladesuso, Figueiroa e A Costa.
  • Venres 31: A Campara, Santa Cruz, Os Torrados, A Lamela, Miraflores e O Castro.
  • Luns 3 febreiro: O Rueiro, Os Anxeles, Brantuas de Arriba, Casas de Espereira e Brantuas de Abaixo.

Novas relacionadas

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/ponteceso/ponteceso-comeza-nova-recollida-domicilio-aceites-usados-cocina/20200114073633116475.html


© 2020 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA

Banner xunta axudas copia