Martes. 16.04.2024
El tiempo

Prantan cara á empresa dos eólicos de Corme, que leva ata 18 anos sen pagar a varios veciños afectados

Un vecino prantalle cara aos eolicos
Un veciño de Corme pechou, con leña, unha pista ocupada na súa propiedade
Prantan cara á empresa dos eólicos de Corme, que leva ata 18 anos sen pagar a varios veciños afectados

Mentres a empresa EDP realiza os traballos de desmantelamento do vello parque eólico de Corme G3, retirando os 60 viraventos para despois colocar 30 novos aereoxeneradores, a veciñanza parece que está chegando ao tope da súa paciencia. Así o demostra a acción dun dos moitos veciños afectados polas malas prácticas da empresa, que mantén sen cobrar durante anos a ducias de veciños.

Esta fin de semana, un veciño cormelán, farto das desavenencias da empresa, levou un bo tractor de leña para pechar un camiño. Un camiño, na cabeza da súa finca, en Mato Vello, que agora mide 7-8 metros, pero que realmente era un camiño de carros, que non chegaba ao metro e medio. A empresa ocupou, sen preguntar, a súa finca, e agora, coa connivencia do Concello, non quere asumir os gastos da compra dos terreos.

O veciño xa ten presentado unha denuncia na Garda Civil, despois de comprobar, a través dun escrito da Secretaría de Industria, que a finca non está expropiada, e que efectivamente está “ocupada”. Industria trasladoulle a situación a empresa, e en abril esta aseguráballe ao afectado que ía asumir as súas responsabilidades, pero a realidade é que estamos en novembro e ninguén por parte da empresa se puxo de novo en contacto con el.

O Concello ademais, asegura o veciño, ponse do lado da empresa, e afirma que agora a pista é de titularidade pública, un agumento que usa a empresa para tirar balóns fóra. Onte, o Concello despregou os seus efectivos no lugar para intentar, sen éxito, que o veciño retirase a leña do medio da pista. “O Concello debería posicionarse do lado dos veciños, ou polo menos esperar ata que se resolva xudicialmente o caso”, sinala o afectado.

“A AVV de Corme non nos opñemos ao parque eólico, pero que estea todo en regla. Por iso apoiamos esta loita, e pedimos que a empresa se poña ao día cos pagos. Hai moitos afectados, e a empresa xa o sabe, que xa lle recollemos nós esa documentación, pero a xente aínda segue sen cobrar”, explica o presidente da entidade, Antón Vidal.

Moitos veciños afectados: Ata 18 anos sen cobrar

Este é un dos máis de 40 casos de veciños afectados polas malas prácticas da empresa. A día de hoxe, segundo a Asociación de Veciños de Corme, hai entre 32 e 36 veciños, que levan sen cobrar 5-6 anos, porque a empresa non actualizou os datos (por falecementos, herencias…), e a situación segue sen solucionarse. A situación é aínda máis grave con outra media ducia de afectados, que levan practicamente sen cobrar os 19 anos que ten o parque, e mesmo hainos que teñen ocupadas de xeito ilegal as súas fincas sen ter contrato ningún coa empresa, como nos explica Ramón Dourado, outro afectado.

”A maioría é xente maior, pero agora van quedando en mans dos herdeiros, pero non todos se preocupan”, apunta.

Sanción ambiental

Non hai moito os veciños son conscientes dunha sanción que lle impón a Xunta a EDP por unha falta grave por incumprimento en materia ambiental no parque de Corme. “Como se lle pode outorgar a repontención con estas sancións?” pregúntase Dourado.

Novas relacionadas

Comentarios