Venres. 26.04.2024
El tiempo

Recuperación internacional dos sendeiros de Titania

Recuperación internacional dos sendeiros de Titania
Luis Giadas explicalles aos voluntarios internacionais a importancia do Pozo da Senora

20 rapaces, de entre 18 e 30 anos, chegados de 5 países (Francia, República Checa, Rusia, Turquía e Arxentina), seguen recuperando, ata o día 29, os vieiros de Titania. Recuperando a senda da historia desta mítica mina que tanto traballo deixou na zona.

Neste campo de traballo cultural e etnográfico de Ponteceso, os voluntarios están a desenvolver traballos de sinalización de roteiros, identificación de patrimonio, adecentamento de zonas de lecer ou limpeza de maleza. Estiveron por exemplo, traballando no Pozo da Señora, onde recibiron a visita do director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, e escoitar as instrucións dun mestre sen par coma Luís Giadás.

Durante a súa participación, están a desenvolver diversas actividades como a sinalización do vello camiño que empregaban os mineiros que traballaban na praia de Valarés extraendo rutilo e titanio. Así, están a sinalizar con antas de pedra e placas este sendeiro.
Ao mesmo tempo, levan a cabo outras actividades como a limpeza da maleza do roteiro, a identificación do patrimonio do contorno, o adecentamento de zonas de lecer ou a recollida de lixo. Isto compaxínase con outros traballos etnográficos como coñecer o funcionamento da vella mina, ou os costumes e tradicións que se desenvolveron ao redor desta actividades.

E non pararán ata o día 29 de xullo, como dicimos. E como actividades complementarias, os participantes visitarán as cidades da Coruña e Santiago de Compostela, realizarán excusións pola Costa da Morte, convivencias musicais, teatro de rúa, cinema ou sendeirismo. Toda unha experiencia!

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Ponteceso.

Comentarios