Imprimir

Rematan as obras do Parador de Lourido, que abrirá en marzo

que pasa na costa | 16 de decembro de 2019

Despois de 25 millons de euros, 8 anos de obras, 17 anos de promesas e 5 de retrasos, as obras do Parador de Lourido foron rematadas.

Así o rubricaba esta mañá de luns 16 de decembro, a entrega de chaves que a presidenta de Turespaña, Isabel Oliver, realozou ao presidente de Paradores, Óscar López, en presencia do alcalde muxián, Iago Toba, o delegado do Goberno Javier Losada e a responsable de Turismo Galicia, Nava Castro.

Pero aínda non abrirá as portas, pois a cadea pública procederá agora a acondicionar as instalacións para poder abrilas ao público en marzo.

Dende Turespaña, Oliver asegura estar “convencida de que supoñerá un polo de atracción económica para a zona da Costa da Morte e de creación de postos de traballo, proxectando unha imaxe de calidade e modernidade”.

O parador contará con 15.000 metros cadrados, 63 habitacións e spa.

Simbolica prantacion as portas do Parador

Novas do Parador

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/muxia/rematan-obras-do-parador-lourido-abrira-marzo/20191216141608115927.html


© 2020 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA

Banner xunta axudas copia